EXPRESIÓN ORAL E ARGUMENTACIÓN

Imaxe: ACNUR
Hai dúas semanas tivestes que ler a información sobre o texto argumentativo (páx. 162) e o exemplo desta tipoloxía textual (páx. 161) para responder a unhas preguntas de comprensión (das que tedes a corrección aquí).

Esta semana imos continuar coa argumentación para practicar a expresión oral. Como xa lestes o texto, imos seguir con ese mesmo tema: a crise das persoas refuxiadas. Antes de opinar sobre algo, o lóxico é estarmos ben informados/as. Polo tanto, recoméndoche que busques datos sobre este tema. A continuación, grava un audio no que respondas as preguntas do exercicio 6 da páxina 163. Procura que o teu texto oral sexa claro e estea ben ordenado e fíxate tamén na corrección lingüística.

Envíame o audio por correo ao longo desta semana

Comentarios