CORRECCIÓN EXERCICIOS: O PRONOME PERSOAL

Ex. 1

Tónicos: min (liña 16) e comigo (liña 21)

Átonos de CD: deixalo (liña 3), o apreme (liña 4), facelo (liña 5), me boto (liña 8), Despedinme (liña 10), me acompañaría (liña 13).
  • O pronome o (e as súas variacións lo, no) sempre son de CD. Para comprobar que función ten o me, no primeiro caso hai que ter en conta que é unha oración reflexiva (o SUX fai algo sobre si mesmo); se non hai outro CD na oración reflexiva, o pronome funciona como CD. Nos outros dous casos pasámolo a 3ª persoa e veremos que aparece un pronome de CD: Despedina, a acompañaría.

Átonos de CI: lle dixen (liña 1), lle podo (liña 2), indiqueille (liña 3), lle parece (liña 3), probocábame (liña 22).
  • O pronome lle sempre é CI. Poderiades ter dúbidas no me, pero chega con que o poñades en 3ª persoa: provocáballe (a el ou a ela), e vedes que equivale a lle (CI).
Ex. 2

- Levounas da man.
- Lévaas da man.
- Púxoo para saír á rúa.
- Mercouno.
- Mércalas.
- Mércano.
- Mércao.
- Vou sacalo. / Vouno sacar.
- Deino.

Ex. 3 (Como che é un pronome de Complemento Indirecto e te de Complemento Directo, vouvos poñer a equivalencia coa 3ª persoa para que o vexades mellor)

- Díxenche toda a verdade. / Díxenlle toda a verdade.
- Corteite sen querer. / Corteina sen querer.
- Regaleiche este cadro que che prometera. / Regaleille ese cadro que lle prometera.
- Mañá enviareiche unha carta e contareiche todas as noticias. / Mañá enviareillle unha carta e contareille todas as noticias.
- Vendéronche uns iogures caducados. / Vendéronlle uns iogures caducados.
- Dixenche moitas veces que non marches sen avisar. / Díxenlle moitas veces que non marches sen avisar.
- Onte vinte no cine, aínda que parecía que te escondías de min. / Onte vina/vino no cine, aínda que parecía que se escondía de min.
- Xa che vin o sinal que tes na perna. / Xa lle vin o sinal que ten na perna.
- Díxenche que viría mañá. / Díxenlle que viría mañá.
- Non che fixo ningún caso. / Non lle fixo ningún caso.

Ex. 5 (Neste exercicio tedes que fixarvos en que número está o CI - a quen ou para quen)

- Deille un recado a Henrique.
- Entregueilles a carta a Sabela e a Antía.
- Regaloulle este boneco á neta.
- Faleilles deste tema aos rapaces.
- Conteilles unha adiviña a eles.

Ex. 6 (Na contracción sempre vai primeiro o CI e tamén tedes que ter en conta a colocación do pronome na oración. Debaixo póñovos a táboa de contraccións)

- Voulla cantar. / Vou cantarlla. (esta canción = a, a María = lle) (lle+a=lla)
- Contéillela. (a noticia = a, a meus pais = lles) (lles+a =llela)
- Pedíunolo. (un favor = o, a nós = nos) (nos+o=nolo) 
- Díxenllelo. (o segredo = o, a Carlos e a Miguel = lles) (lles+o=llelo)
- O xuíz tomoulla. (declaración = a, ao acusado = lle) (lle+a=lla)
- O carteiro tróuxocha. (unha carta = a, para ti = che) (che+a=cha)
- Entreguéillelo. (o paquete = o, aos destinatarios = lles) (lles+o=llelo)
- Compreillas, (as cereixas = as, ao froiteiro = lle)


Ex. 7 (Na páxina 7 do apéndice gramatical tedes as regras de colocación do pronome átono)

- Vouche mandar / Vou mandarche un agasallo polo teu aniversario. (Nas perífrases de infinitivo hai dúas colocacións posibles: pegado ao verbo auxiliar ou ao verbo auxiliado)
- Teño que darvos / Téñovos que dar / Teño que vos dar unha estupenda noticia. (Nas perífrases de infinitivo nas que hai un elemento de relación no medio, neste caso unha conxunción, hai tres colocacións posibles. Se vai detrás do "que" vai diante do verbo, porque esta conxunción en todos os casos marca que o pronome se antepoña)
- Xa lles contarei mañá as novidades. (O pronome anteponse ao verbo pola presenza do adverbio "xa")
- Que che sucedeu onte? Non te vin en todo o día. (O pronome anteponse porque é unha oración interrogativa e porque é unha oración negativa)
- Antía díxome que te espera mañá para ir ao cine. (O primeiro pronome vai detrás do verbo porque non hai ningún elemento que o impida. O segundo pronome anteponse ao verbo porque é unha oración subordinada)
- Mandáronche xa a axenda? Sempre a mandan por estas datas.  (O primeiro pronome vai detrás do verbo porque non hai ningún elemento que o impida. O segundo pronome anteponse ao verbo pola presenza do adverbio "sempre")
- Nunca antes o vin por aquí. (O pronome vai diante do verbo ao ser unha negativa)
- Déchesme unha grande alegría cando me dixeches que ías vir á festa. (O primeiro pronome vai detrás do verbo porque non hai ningún elemento que o impida. O segundo pronome anteponse ao verbo porque é unha oración subordinada)
- Despois vereite na discoteca. (O pronome anteponse ao verbo pola presenza do adverbio "despois")
- Entregueilles aos avós as cereixas que me deches para eles. (O primeiro pronome vai detrás do verbo porque non hai ningún elemento que o impida. O segundo pronome anteponse ao verbo porque é unha oración subordinada)
- Xa che dixen que non me chamases por teléfono. (O primeiro pronome vai detrás do verbo polo adverbio "xa". O segundo pronome anteponse ao verbo porque é unha oración negativa)
- Ese paraugas tocouche na tómbola? (O pronome vai detrás do verbo porque non hai ningún elemento que o impida)
- Ese paraugas seica che tocou na tómbola! (O pronome vai detrás do verbo polo adverbio "seica")

Ex. 8

- Non te vin na reunión.
- Nunca te vin na reunión.
- Xa te vin na reunión.
- Tamén te vin na reunión.
- Xa che dixen que te vin na reunión.

Ex. 9

- Despois do verbo (situación habitual): amosoulle, óllaas, moveunos.

- Antes do verbo:
  • xa non lles respondesen: vai diante pola presenza do adverbio "xa" e por tratarse dunha negación
  • ninguén lle ensinará: polo indefinido ninguén ou por ser oración negativa
  • don que a natureza lle dará: oración subordinada



Comentarios