CORRECCIÓN: O TEXTO ARGUMENTATIVO (páx. 163)


Ex. 2. O artigo de opinión é un texto xornalístico que expresa o punto de vista persoal do seu autor acerca dalgún tema de actualidade. Trátase dun xénero argumentativo, xa que as opinións se apoian en razoamentos.
Cal é a circunstancia que provoca a reflexión?
O punto de partida é a imaxe difundida en todos os medios de comunicación dun neno sirio -Aylan- afogado nunha praia turca. A partir de aí, o/a autor/a reflexiona acerca das persoas refuxiadas que abandonan o seu país e se encamiñan cara a Europa.

Ex. 3. Cales son as causas que provocan a fuxida dos refuxiados dos seus países?
Foxen da violencia na que están sumidas Siria, Eritrea e Afganistán. Son vítimas da pobreza, das guerras e das ditaduras que converteron os seus países nun inferno.

Ex. 4. Cal é a actitude dos gobernos europeos ante a situación?
- Os dirixentes europeos levantan "muros de contención [...] nas súas respectivas fronteiras".
- Desprezan o "dereito á vida [...] e converten o refuxiado e o inmigrante nun outro que ameaza".
- Vulneran "numerosas leis de asilo baseadas fundamentalmente no cumprimento dos dereitos humanos, e que os estados membros da UE deben cumprir".
- Evidencian falta de "sentido humanitario, afianzamento democrático e vontade política".

Ex. 5. Localiza no texto as partes en que se expoñen estas ideas:
a) Europa incumpre a lexislación internacional ao negar asilo aos refuxiados. "O comportamento dos gobernos europeos despreza o dereito á vida, que está en todos os tratados internacionais aos que están maioritariamente adheridos" (liñas 9-11)
b) As potencias europeas son responsables da situación. As potencias europeas contribuíron a "crear e soster" a situación de pobreza, guerras e ditaduras que converteu nun inferno a vida nos seus países de orixe. (liñas 15-18)
c) España experimentou situacións similares no pasado. "centos de milleiros de europeos -entre eles, os 450 000 republicanos españois fuxindo do estado de medo e terror instaurado tras a vitoria fascista na guerra do 36- se viran forzados ao éxodo lonxe das súas familias e dos seus países". (liñas 21-26) 

Comentarios