Escoitastes algunha vez a palabra haiku? É unha forma da poesía tradicional xaponesa, que tamén se cultiva na literatura galega. Para comezar, ide á páxina 236 do libro de texto (é o exemplar das unidades 9-12) e lédea. Aí atoparedes máis información sobre ese tipo de composicións. Ademais, na páxina 237 tedes exemplos de haikus.
TAREFA 1. Vai ao Instagram de Carlos Negro (@carlosnegro70), o autor de Aplicación instantánea. Se non tes a app instalada, podes acceder buscando a súa conta na rede. A continuación, bótalle unha ollada aos haikus que fixo durante a corentena inspirado pola situación que estabamos a vivir. Podelos atopar como publicacións no feed e tamén nas stories destacadas (coronahaikus). Escolle un, o que máis che guste ou che chame a atención, e indica a que feito/situación/sentimento fai referencia, é dicir, en que se puido inspirar para facelo. Aquí tes un par de exemplos dos seus haikus:
TAREFA 2. Crea ti o teu propio haiku. Podes axudarte das palabras iniciais que aparecen no exercicio 1 da páxina 237 ou crealo ti dende cero. O tema é libre.
Envíademe estas dúas tarefas ao correo electrónico ao longo desta semana
Comentarios
Publicar un comentario