Viaxar non só nos permite coñecer novos lugares, senón que nos achega a culturas e maneiras de ver o mundo distintas. Hai quen converte as viaxes na súa forma de vida. Pasoulle a Nuria Espasandín, unha rapaza galega que o conta a través das súas redes, e faino no noso idioma.
Neste vídeo da súa canle de Youtube, Nuria responde a pregunta "E ti, por que viaxas?":
Ademais, creou un blog (https://toxio.gal/) no que conta como esta a ser a viaxe sen billete de volta que emprendeu co seu compañeiro Sergio. Tamén podemos saber máis das súas experiencias a través do seu Instagram @toxio.gal.
TAREFA. Envíame un correo no que me contes por escrito cal sería o primeiro lugar ao que che gustaría viaxar. Explícame onde se atopa ese lugar e por que medio de transporte chegarías a el, cantos días che gustaría e estar e que farías durante a túa estadía. Debes contarme tamén por que escolles ese lugar e, se queres, podes adxuntar algunha imaxe representativa dese lugar ao correo que me mandas.
O correo que me envíes, ademais de contar co contido que che indiquei no parágrafo anterior, debe ter unha estrutura propia deste tipo de textos. É dicir: un saúdo, un corpo e unha despedida xunto coa túa sinatura (o teu nome). No asunto debes poñer: "A onde viaxaría". Tamén valorarei estas cuestións.
Se tes calquera dúbida, pregúntame!
Comentarios
Publicar un comentario