CORRECCIÓN: USO DE COMA, PUNTO E PUNTO E COMA


Ex. 1


O peor foi que, rematado xa o verán, o Daniel colleu o costume de encirrarnos tamén o mastín cada vez que pasabamos por diante do seu taller. No meu caso iso ocorría con moita frecuencia, pois vivía no mesmo barrio, algunhas casas máis abaixo, e víame na obriga de percorrer aquel tramo no meu camiño diario ata a escola ou cando a miña nai me mandaba a facer algún recado nas tendas da praza de abastos. 

Collín o costume de camiñar sempre polo outro lado da rúa, afastado do can que pasaba as horas tombado xusto diante do taller. Malia estas precaucións, o meu medo non facía máis que medrar, porque se por casualidade me vía, o Daniel facíalle un aceno incitador ao Dólar. O can erguíase ao momento, atravesaba a rúa e botaba a correr tras de min, obrigándome a continuas fuxidas e carreiras, que me deixaban cada vez máis avergoñado.

Ex. 2

Había máis dun mes que Carme, a nai de Minia e Tomé, sentiu unha picada de dor nas costas ao cargar cunhas bolsas. Introducir unha aclaración.
Non, muller, non penses niso. Para illar un vocativo.
A mamá pásalle algo que non queren contar, pero eu nótollo. Antes de conxunción adversativa.
Hoxe vas saír, mamá? Para illar un vocativo.
Xa no coche camiño da casa, Carme expresou en alto o que pensaba. Oración temporal.
Veña a facer probas: analíticas, radiografías, mamografías, probas e máis probas. Enumeración.
Se hai silencios elocuentes, este era un deles. Oración condicional.

Ex. 3

Catuxa, Martiño, Antía e Dani ocupáronse de revisar os cuartos; Anxo e Vitoria buscaron na cociña e no comedor. Separar os elementos dunha enumeración cando tamén se inclúen comas.
Seguiu falando de costas a nós; nin sequera se volveu un intre para mirarnos. Separar enunciados que teñen relación entre si.
No ciclo de cine proxectaron varias películas: O lapis do carpinteiro, de Antón Reixa; Cela 211, de Daniel Monzón; Entre bateas, de Jorge Coira, e A esmorga, de Ignacio Vilar. Separar os elementos dunha enumeración cando tamén se inclúen comas.
Cómpre agardar do malo, pouco; do peor, nada. Separar enunciados que teñen relación entre si, sobre todo se xa se empregou coma.

Comentarios