A Revolución dos Caraveis (en portugués: Revolução dos Cravos ou O 25 de Abril) é o nome dado o levantamento militar do 25 de abril de 1974 que provocou a caída do réxime ditatorial/autoritario coñecido como Estado Novo, fundado en 1932 por António de Oliveira Salazar.
Ás doce e media da madrugada do 25 de abril de 1974 emitíase por Radio Renascença a canción Grândola, Vila Morena; era o sinal elixido polos capitáns do Movemento das Forzas Armadas (MFA) para poñer en marcha o golpe militar que poñería fin á ditadura máis vella de Europa.
A canción "Grandola Vila Morena" foi un dos símbolos da revolución portuguesa de 1974; do mesmo xeito que os caraveis vermellos con que a poboación de Lisboa obsequiou aos militares saídos ás rúas.
Comentarios
Publicar un comentario