Esta semana, unha das tarefas vai consistir en visionar este vídeo dunha entrevista que lle fixeron en Vinte á youtuber, guionista e colaboradora de televisión Carolina Iglesias (@percebesygrelos). A continuación, faredes dúas actividades.
1. Na entrevista só aparecen as respostas que dá Carolina Iglesias. Redacta ti as preguntas que cres que lle fai a entrevistadora.
2. Carolina Iglesias menciona algúns dos seus referentes. Redacta un breve texto no que indiques quen é o teu ou a túa referente, contes algo sobre el/ela (a modo de presentación) e xustifiques por que o/a escolles como referente. Non ten por que ser unha persoa famosa.
Comentarios
Publicar un comentario