Xa vos adianto que o libro de lectura do 3º trimestre é Aplicación instantánea, un poemario de Carlos Negro. Se queredes, podedes comezar a lelo xa.
Con Aplicación instantánea, a poesía conecta de modo inmediato co sistema operativo das túas emocións. Se decides descargar este programa no teu menú de lecturas, terás acceso ilimitado ao universo afectivo de catro avatares que entran na vida co furor da irreverencia: contra a orde exacta dos armarios, contra o balbordo das atraccións de feira, contra o monocultivo cerebral dos eucaliptos, contra a ferruxe dos discursos que ignoran o movemento das dunas. Atrévete a entrar e descubrirás que a poesía ofrece sempre un perfil inesperado. Síguenos en Instagram: @aplicacion_instantanea
Tedes a posibilidade de acceder a el de forma gratuíta a través de GaliciaLe, a plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas. Esta plataforma abriuse tamén a todas aquelas persoas que non contaban cun carné de biblioteca. Se queredes entrar e non sabedes como, falade comigo.
Tamén podedes mercar o ebook (6,41€) e lelo no móbil, tablet ou ordenador. Xerais indica as seguintes páxinas para compralo: Casa del Libro, Fnac, Rakuten kobo, Amazon.
Comentarios
Publicar un comentario