CORRECCIÓN DOS EXERCICIOS DE ORTOGRAFÍA: PORQUE, PORQUÉ, POR QUE / SENÓN, SE NON

Ex. 1
- Xa lles contou o porqué do seu enfado. (substantivo; = o motivo)
- Cando a vexas pregúntalle por que non vén con nós pasar a fin de semana. (elemento interrogativo; pregunta indirecta)
- E logo por que queres ir a Londres? Porque teño un tío traballando alí. (elemento interrogativo; pregunta directa // conxunción causal; introduce a resposta da pregunta anterior indicando a causa)
- A lesión que tivo foi a causa por que deixou o equipo de balonmán. (preposición por + pronome relativo que; = pola cal)
- Foron ao centro porque tiñan que facer unhas compras. (conxunción causa; introduce a causa)

Ex. 2
- Se non podes quedar hoxe, vémonos mañá. (conxunción condicional se + adverbio de negación non)
- Non só cheguei á hora que falaramos, senón dez minutos antes. (conxunción adversativa; contrapón unha idea negativa e outra afirmativa)
- Non lle apetece outra cousa senón durmir. (conxunción adversativa; contrapón unha idea negativa e outra afirmativa)
- Se non lle dixeses que tiñas cita na dentista non faría outros plans para hoxe pola tarde. (conxunción condicional se + adverbio de negación non)
- Senón o biscoito de framboesa, o resto de lambonadas coméronas todas. (preposición; = agás)

Ex. 3
Dende que tiña sete ou oito anos preguntábase porqué por que (elemento interrogativo; faise unha pregunta) o fútbol non provocaría nel unha reacción tan apaixoante como percibía no resto de rapaces da escola. Aquilo, evidentemente, facíao dubidar de si mesmo, por que porque (conxunción causal; indícase a causa pola que dubida) eran fabas contadas os que coma el non amosaban interese por ese deporte e porque (conxunción causal; indícase a causa pola que dubida), ademais, o seu pai sempre lle estaba insistindo en que debería xogar, igual ca os demais, por que porque (conxunción causal; indícase a causa pola que debería xogar) era necesario practicar algunha actividade para sentirse mellor física e)animicamente. E por que non calquera outro deporte?, dicíase.
Agora, coa perspectiva temporal e de experiencia que lle dan os seus corenta anos, pensa senón se non (conxunción completiva + adverbio de negación) estaría motivado por unha certa personalidade rebelde o feito de non querer xogar ao fútbol de cativo, por que porque (conxunción causal; indícase a causa pola que tivo esa actitude) o mes pasado meteuse nun equipo de colegas que xogan as fins de semana, sen ningún por que porqué (substantivo; = motivo) especial, e parece que non lle disgusta moito o asunto. Se non (conxunción condicional + adverbio de negación) fose polas patadas que recibe nas canelas en cada partido, non só estaría contento, se non senón (conxunción adversativa; contrapón unha idea negativa a outra afirmativa) encantado da súa nova afección.

Ex. 4
Corríxovola individualmente

Comentarios