Ides ver un dos últimos vídeos do youtubeiro O Aquele ("Galiza a Eurovisión 2020") e despois teredes que responder unhas cuestións:
1. Indica que artistas/grupos menciona O Aquele e que traballos (EPs, temas) sacaron no último ano.
2. Indica se estás de acordo con O Aquele na escolla que fai para Eurovisión. Xustifica a túa resposta.
3. Se non estás de acordo, indica que artista ou grupo (que cante en galego) escollerías ti. Xustifica a túa resposta.
4. Escolle un tema dos artistas/grupos que menciona O Aquele que che chame máis a atención ou que che guste máis. Xustifica a túa resposta e explica cal é o contido da canción (que conta a letra).
Comentarios
Publicar un comentario