BOOKTUBER: APLICACIÓN INSTANTÁNEA

Como xa vos adiantei, o libro proposto para este trimestre é Aplicación instantánea, de Carlos Negro. Nel, catro avatares diferentes amosan as súas poesías e a súa forma de ollar o mundo. A obra compleméntase cunha conta de Instagram: @aplicacion_instantanea.

 

Tras a lectura e para practicar a expresión oral, ides facer un booktuber. Será un traballo individual, ao igual que no primeiro trimestre, e teredes que entregar un vídeo seguindo este guión:  
- Indicar o título e o autor do libro (para entender mellor a súa obra podedes saber máis de Carlos Negro nesta ligazón ou no seu instagram persoal: @carlosnegro70)
- Dicir os nomes/usuarios e a caracterización dos catro avatares: sobre que escriben, que lles preocupa...
- Explicar cal é o avatar que máis che gustou ou co que máis te identificas e xustificar por que.
- Escoller os catro poemas que máis che gustaran ou que máis che chamaran a atención e explicar o contido deles (que mensaxe pretenden transmitir).
- Comentar a túa opinión persoal sobre o libro.

Data límite para a entrega (por correo electrónico ou We Transfer): 31 de maio

Podedes acceder ao libro das seguintes maneiras:
1. De forma gratuíta a través da plataforma GaliciaLe
- Explicación en vídeo de como entrar na plataforma:


- Explicación en vídeo de como facer o préstamo do libro:


2. Comprar o e-book en La Casa del Libro
3. Comprar o libro en formato físico en librarías que estean facendo envíos a domicilio. Estas son algunhas que coñezo que o fan e que teñen o libro: Libraría Paz, Libraría Cronopios, Libraría Trama

Se tedes algunha dificultade para realizar esta tarefa por falta de medios ou non podedes conseguir o libro, avisádeme e buscamos unha alternativa.

Comentarios