A REVOLUÇÃO DOS CRAVOS + EXPRESIÓN ESCRITA


Este sábado 25 de abril vénse de conmemorar o aniversario da Revolução dos Cravos portuguesa. Sabedes por que se produciu e que significou? Pola nosa proximidade coa comunidade lusófona (aquela que na que se fala portugués, a nosa lingua irmá), é interesante coñecer este tipo de acontecementos históricos.

En primeiro lugar, ides escoitar este vídeo da RTP (Rádio e Televisão de Portugal) no que se explica que é a Revolução dos Cravos. Podedes escoitalo máis dunha vez para comprendelo mellor:


A continuación, ides intentar cubrir os ocos deste texto coa información que se dá no vídeo:

25 de abril: A REVOLUÇÃO DOS CRAVOS / A REVOLUCIÓN DOS CARAVEIS


A Revolución dos Caraveis (en portugués: Revolução dos ______________ ou O 25 de Abril) é o nome dado o levantamento ______________ do 25 de abril de ______________ que provocou a caída do réxime ______________ coñecido como ______________ ______________, fundado en ______________ por António de Oliveira ______________.

Ás doce e media da madrugada do 25 de abril de ______________ emitíase por Radio Renascença a canción ______________, Vila Morena; era o sinal elixido polos capitáns do Movemento das Forzas Armadas (MFA) para poñer en marcha o golpe militar que poñería fin á ______________ máis vella de ______________.

A canción "Grandola Vila Morena" foi un dos ______________ da revolución portuguesa de ______________; do mesmo xeito que os ______________ vermellos con que a poboación de Lisboa obsequiou aos ______________ saídos ás rúas.

Nesta ligazón da Galipedia tedes máis información sobre este acontecemento.

(A finais de semana subo o texto completo para que comprobedes que o cubristes ben)



Un dos símbolos deste movemento popular foi unha flor, concretamente o caravel vermello. Isto foi grazas a unha muller de ascendencia galega, Celeste Caeiro. Que tivo que ver ela? Podedes atopar aquí a explicación. Toda unha casualidade!


Outro dos símbolos que marcaron o 25 de abril foi a canción "Grândola, Vila Morena", de Zeca Afonso,  escollida polo MFA (Movimento das Forças Armadas) para ser o segundo sinal para o comezo da Revolução dos Cravos. Dela tamén saíu un dos lemas deste movemento: O povo é quem mais ordena. Podedes escoitala neste vídeo (debaixo tedes a letra):


Zeca Afonso - Grândola, Vila Morena 

Grândola, vila morena 
Terra da fraternidade 
O povo é quem mais ordena 
Dentro de ti, ó cidade 

Dentro de ti, ó cidade 
O povo é quem mais ordena 
Terra da fraternidade 
Grândola, vila morena 

Em cada esquina, um amigo 
Em cada rosto, igualdade 
Grândola, vila morena 
Terra da fraternidade 

Terra da fraternidade 
Grândola, vila morena 
Em cada rosto, igualdade 
O povo é quem mais ordena 

À sombra duma azinheira 
Que já não sabia a idade 
Jurei ter por companheira 
Grândola, a tua vontade 

Grândola a tua vontade 
Jurei ter por companheira 
À sombra duma azinheira 
Que já não sabia a idade

Versión do músico galego Xabier Díaz feita este 25 de abril

ACTIVIDADE DE EXPRESIÓN ESCRITA: "A MIÑA REVOLUCIÓN" (para entregar)

Agora vas pensar ti como sería a túa revolución pacífica particular. Pode ser sobre un tema máis serio (por exemplo, o clima) ou podes optar por facer unha revolución por algo máis banal (por exempo, os "abrefácil" que de fácil teñen pouco). Podes basearte nalgunha que xa exista e darlle o teu punto de vista ou inventar unha completamente. Ti decides o enfoque. Iso si, tes que pensar unha data na que a farías e cal sería o seu símbolo. Tes que xustificar por que escolles esa data e ese símbolo e explicar en que consistiría a revolución e como se desenvolvería (a quen se dirixe, cal é o seu obxectivo, que pasos se seguirían...). Se queres, tamén podes escoller un lema.

Redacta un texto de arredor de 200 palabras no que teñas en conta as condicións anteriores. Fíxate ben na corrección lingüística e elabora un texto ordenado e claro.

Envíama ao correo electrónico ao longo desta semana


Comentarios