Na páxina 6 do apéndice gramatical do libro tedes os cadros coas formas tónicas e átonas dos pronomes. En canto ás formas tónicas tedes que ter en conta que tamén o son min, si, comigo, convosco, etc. No caso das formas átonas, necesitan ir acompañando a un verbo (por norma xeral pegadas detrás del, aínda que existen excepcións que xa comentamos en clase).
Nesa mesma páxina tamén tedes unha serie de apreciacións sobre os pronomes de 2ª persoa de singular (te e che), que debedes ler. Recordade que unha forma para comprobar o uso correcto destes pronomes é pasar a oración a 3ª persoa:
- Quérote moito - Quéroa moito (CD) (te equivale en 3ª persoa a o/a/no/na/lo/la)
- Deiche o regalo - Deille o regalo (CI) (che equivale en 3ª persoa a lle)
Na páxina 7 do apéndice tedes a regras de colocación do pronome átono. Son as que xa repasamos na clase, pero convén que leades esta páxina. Ademais, déixovos as ligazóns dos vídeos que vimos na clase:
- A colocación dos pronomes, con Aldaolado | LGx15
- Non me digas "te quero" | O trap da colocación dos pronomes | Aquel -e | LGx15
- NOVO VÍDEO: Aprende a colocar pronomes en 1 minuto #DígochoEu
En 4º ESO B xa deberiades ter feitos os exercicios das páxinas 115 (ex. 1, 2, 3) e 116 (ex. 5, 6, 7). Tedes que facer tamén os ex. 8 e 9 da páx. 116.
En 4º ESO C xa deberiades ter feitos os exercicios das páxinas 115 (ex. 1, 2, 3). Ademais, tedes que facer todos os exercicios da páx. 116.
O MÉRCORES SUBIREI A CORRECCIÓN DE TODOS ESTES EXERCICIOS (páx. 115 e 116). Se vos xorde algunha dúbida mentres os facedes estes dous días, escribídeme ao correo e vola resolvo.
Páxinas de interese para reforzar estes contidos:
- TEORÍA E EXERCICIOS: http://aprendogalego.com/APRENDO/4-pronomebac/pronome_persoal.html
- EXERCICIO INTERACTIVO: https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5112900-colocacion_dos_pronomes.html
- EXERCICIO INTERACTIVO: https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5112999-colocacion_de_te_ou_che.html
Comentarios
Publicar un comentario