COMPRENSIÓN ORAL E EXPRESIÓN ESCRITA: A ENTREVISTA

Esta semana, por unha banda, imos traballar a comprensión oral e a expresión escrita. Para iso ides visionar esta entrevista que lle fixeron na revista Vinte na praza á cantante Su Garrido.



Nesta entrevista só aparecen as respostas, polo que a actividade que ides facer é redactar as preguntas que credes que lle fai quen a entrevista.

A continuación, ides escoller vós un ou unha artista ou grupo (dá igual a súa procedencia) e ides elaborar unha entrevista. Tedes que facerlle polo menos cinco preguntas e tedes que engadir as respostas (se non sabedes cales serían as respostas ideais, inventádelas).

Tedes ata o venres 27 para enviarme por correo as preguntas que credes que se lle fan no vídeo a Su Garrido e a entrevista que vos elaborades para outr@ artista ou grupo. Mandádemo nun documento de Word, no corpo do correo ou facédeo no caderno e enviádeme unha foto do voso traballo.

Na entrevista que elaboredes valorarei a orixinalidade e a capacidade para desenvolver as preguntas e as respostas. Non chega con que as respostas sexan monosílabos, desenvolvédeas un pouco máis. 

Comentarios