A POESÍA DE POSGUERRA (1)

Imos retomar un pouco a literatura: a poesía de posguerra. Intentaremos enfocalo dende unha perspectiva práctica, sobre todo lendo poemas, comentándoos e entendéndoos, que é como de verdade podemos comprender como é a poesía de cada etapa. Concretamente, de 1936 a 1975, pola situación política, a poesía vai ter como obxectivo a denuncia social.

Esta semana, antes de poñernos a ler poemas, tedes que ler as páxinas 201, 202 e 203 do libro de texto. Trátase, sobre todo, de que teñades unha idea de cal é o contexto literario desta etapa, non de que memoricedes datos.

Celso Emilio Ferreiro é un dos poetas máis representativos deste momento, sobre todo da Xeración do 36. Podedes saber máis del neste vídeo.



Luz Pozo Garza é unha das poetas máis destacadas da Promoción de Enlace, unha xeración que serve de ponte entre a Xeración do 36 e a Xeración das Festas Minervais. Podedes ver neste vídeo unha entrevista que lle fixo a poeta María do Cebreiro.



Comentarios