TIPOS DE TEXTOS: O TEXTO ARGUMENTATIVO

Outra das tarefas desta semana vai ser traballar o texto argumentativo, xa que tanto a expresión escrita como o pensamento crítico son dúas competencias moi necesarias.

Por unha parte, lede a información que vos achega o libro de texto na páxina 162 para así poder entender mellor o funcionamento e a estrutura desta tipoloxía textual. Ademais, podedes completar a explicación co seguinte vídeo:


A continuación, ides iniciarvos na argumentación a través do texto que vos propón o libro na páxina 162. Para comezar, traballaredes a comprensión escrita cos seguintes exercicios: páxina 163, exercicio 2, 3, 4 e 5. A próxima semana seguiremos aproveitando ese texto para outras tarefas, polo que é importante que aproveitedes esta semana para realizar esta parte de comprensión con eses exercicios.

A finais de semana súbovos a resposta a eses exercicios, pero escribídeme se vos xorde algunha dúbida ao facelos.

Comentarios